Que é ATURUXA?

ATURUXA é unha marca de prendas personalizadas e papelería.

Todas as ilustracións están inspiradas en Galicia, é a única protagonista da marca.

Os artigos témolos «en branco», só se estampan unha vez feito o pedido, non hai nada feito previamente. Ao ser todo personalizado, só temos tenda en liña.

Para deseñar a túa camiseta ou calquera outro produto mira todos os modelos na web:

  • podes poñer un NOME OU FRASE con algún dos ABECEDARIOS inspirados na nosa cultura.
  • ou escoller unha ILUSTRACIÓN

 

Sempre dicimos que ATURUXA é moito máis que unha marca de roupa porque todas as semanas compartimos contido sobre Galicia: sobre a súa lingua, a súa cultura, sobre lugares, grupos de música, festas, etc. co obxectivo de poñer en valor este territorio.

Este contido o compartimos en redes sociais e tamén o deixamos colgado no BLOGUE, que o atoparedes nesta web, arriba á dereita.

Que máis compartimos?

Nas historias de instagram compartimos actividades e eventos que se realizan nesta en Galicia, como festas populares, festivais, etc.

Para calqueira dúbida que teñades sobre ATURUXA atendémosvos por email ou por mensaxe privada en redes sociais.

E como curiosidade, xa que temos a maquinaria para personalizar todos estes artigos, desde só unha unidade, aceptamos ENCARGOS.

Tamén podedes mandarnos as vosas fotos, debuxos, deseños, etc. e estampámolos cos nosos produtos. (Non valen debuxos doutras marcas, é ilegal).

Traballamos con materiais de primeira calidade que respectan tanto ao medio ambiente como ás persoas, algodón orgánico e comercio xusto.

Para estampar o téxtil usamos a mellor técnica do mercado, impresión directa, o que nos permite facer desde unha soa peza a toda cor con calidade fotográfica. Esta técnica só se pode traballar con algodón, non temos prendas sintéticas.

Para as cuncas de cerámica e as botellas de aceiro inoxidable usamos ferros de sublimación e os materiais de papelería mandámolas a unha imprenta local.

Todo feito con moito agarimo desde un pequeno taller ata a túa casa, só para ti.

#cercanía #productoLocal #pequenaEscala #sóloBaixoDemanda #RegalaTalentoLocal #consumoResponsable #impactoPositivo

aturuxa@aturuxa.com

Comece a escribir e prema Intro para buscar

Shopping Cart

Non hai produtos no carriño.

Este sitio web utiliza Cookies propias e de terceiros para recopilar información coa finalidade de mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, supón a aceptación da instalación das mesmas. O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador puidendo, se así o desexa, impedir que sexan instaladas no seu disco duro, aínda que deberá ter en conta que dita acción poderá ocasionar dificultades de navegación da páxina web. Cómo configurar

Los ajustes de cookies en esta web están configurados para «permitir las cookies» y ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues usando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en «Aceptar», estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar