Podo cambiar ou devolver a miña compra?
AÍNDA NON ME CHEGOU O PEDIDO E QUERO CAMBIALO:
Se aínda non fixemos o teu pedido estás a tempo de cambiar o deseño. Consúltanos antes. Non se devolven os cartos pero podes cambialo por outro deseño ou artigo se aínda non comezamos a facelo.
SE XA CHEGOU O MEU PEDIDO:
- PEDIDOS PERSONALIZADOS:
Os pedidos personalizados non se poden cambiar.
Traballamos sen stock, facemos cada artigo baixo demanda. Por iso só temos tenda en liña.
Fíxache ben nas guías de tallas antes de facer a compra, están en cada artigo, na parte inferior.
- PEDIDO DEFECTUOSO
Se che mandamos algo defectuoso, facémonos cargo de retiralo e envialo correctamente.
Contacta connosco e solucionámolo.
- PEDIDO NON PERSONALIZADO
Se o pedido que fixeches non está personalizado podemos cambiarcho, pero mellor mirade ben as guías de tallas porque traballamos sen stock e despois temos que poñer en outlet o que cambies.
Grazas pola comprensión, somos unha pequena marca.