Como mercar?
Para realizar unha compra debes acceder ás categorías que configuran a nosa oferta: mozas, unisex, nenos, bebés, papelería e complementos.
Accede a unha categoría e sairache unha listaxe de produtos. Elixe o que che interese, e comproba a talla e a cor.
Non te esquezas de comprobar as guía de tallas. Atoparalas na parte inferior de cada artigo dándolle ao rato para abaixo.
Os artigos que se poden personalizar dispoñen dun recadro onde escribir un nome ou frase ao teu gusto. Os nomes que aparecen na web son só un exemplo.
Unha vez elixidos os produtos que desexes clica sobre o botón mercar. Mentres manteñas a sesión, os produtos gardaranse no Carriño da Compra (dispoñible na parte superior dereita da páxina web).